Scott Pilgrim é unha serie de novelas gráficas creadas polo canadense Bryan Lee O'Malley. A historia divídese en 6 tomos, publicados entre 2004 e 2010. A historia narra a vida de Scott Pilgrim, un mozo canadense de 23 anos que un día coñece a Ramona Flowers, da que acabará namorado, e pola que terá que loitar: en concreto, contra os seus sete ex mozos malvados Na actualidade, esta obra está a conseguir un tremendo éxito, demostrándose coa futura adaptación cinematográfica Scott Pilgrim vs. the World, dirixida por Edgar Wright e que se estreará na segunda metade do 2010, e un videoxogo baseado na mesma.
Argumento
Scott Pilgrim, atópase nun momento da súa vida sentimental moi delicado. Tras unha traumática ruptura co seu grande amor, e unha actual e dubidosa relación con Knives Chau, unha adolescente de 17 anos, Scott coñece a Ramona Flowers, unha enigmática rapaza coa que acabara lixeiramente obsesionado. Tras varios encontros e intentos, Scott consegue unha cita con ela. Pero aínda que pareza que a sorte está do seu lado, os problemas de Scott só acaban de empezar. Para poder saír co seu novo amor, terá que derrotar aos 7 Ex mozos malvados de Ramona, integrantes da Liga dos Ex mozos malvados.
Personaxes Scott Pilgrim: O protagonista de 23 anos. Toca o baixo nos Sex Bob-omb, o grupo formado polos seus amigos mais próximos e sobre a que xira gran parte da súa vida. É inmaturo, lacazán e algo paspán, o que, pese a todo, non lle causará problemas coas rapazas. Sente unha tremenda afección polos videoxogos. Ramona Flowers: O amor case platónico de Scott. O seu pasado é en grande medida un misterio, ao igual que a súa idade. Mudouse de Nova York cara Toronto e traballa de mensaxeira e repartidora para Amazon.ca. Ese misterioso pasado irase revelando pouco a pouco, a medida que Scott se enfronte cos seus Ex mozos. Adoita cambiar a miúdo de peiteado, e de viaxar a través do Sub-espazo para realizar os seus encargos de maneira mais rápida. Wallace Wells: 26 anos. É o compañeiro de piso gay de Scott. Case todo no piso de ambos é seu. Amosa un carácter maduro, e as veces calculador, aínda que informal e extravertido. Axuda e aconsella a Scott sobre como bater os ex mozos de Ramona. Acabará trabando amizade con Stacey Pilgrim, a irmá do seu compañeiro de piso. Mantén unha relación estable con Móbil (Mobile en inglés, ou Móvil en castelán) Knives Chau: Chinesa canadense de 17 anos de carácter infantil e impulsivo. Manterá unha breve relación con Scott antes de que este coñeza a Ramona. Pese a todo, ela seguirá namorada de Scott, o que lle causara moitas dores de cabeza a el, a Ramona, e en definitiva, a todo o mundo. Desbanca a Young Neil no título de Fan Nº1 dos Sex Bob-omb. Kim Pine: É a batería dos Sex Bob-omb. De carácter mais ben anti-social. Cáelle mal a moita xente e odia a case todo o mundo. Traballa de encargada nun videoclub. Ten pencas. Stephen Stills: E o cantante, compositor e líder dos Sex Bob-omb, a banda que integra xunto con Scott e Kim. Vive con Young Neil, e mantén unha relación con Julie Powers. Alterase con facilidade, especialmente no referido á súa banda. Young Neil: 20 anos. Vive con Stephen Stills. É estudante e era o fan nº1 dos Sex Bob-omb antes de que Knives entrase nas súas vidas.
Véxase tamén Ligazóns externas Proxecto wiki do mundo de Scott Pilgrim Páxina web oficial da serie Scott Pilgrim Páxina web oficial do autor
Categoría:Novelas gráficas