Carlos Botelho ou Bottelho, nado en Chaves en 1964, é un pintor e escultor portugués.

Traxectoria Nado no distrito de Vila Real (Trás os Montes), na súa infancia vai ler diversos libros de medicina do século XIX do seu avó paterno Martiniano Ferreira Botelho, ilustrados con gravados de anatomía humana que este deseñaba nas feiras de agosto en Soutelo de Aguiar. Cabe destaca-la figura do seu profesor primario, irmán de Nadir Afonso, que moito contribuíu ao incentivar nos camiños da arte.

Aos dezasete marcha para Lisboa. No Centro de Arte e Comunicação Visual estuda Deseño e Pintura baixo a orientación de Manuel Costa Cabral e máis Rogério Ribeiro.

Categoría:Pintores de Portugal Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Nados en Chaves Categoría:Nados en 1964 Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI