"I Want to Destroy Something Beautiful" (en galego, "Quero destruír algo fermoso") é unha canción popPáxina da gravación do tema en Jamendo. en inglés composta polo estadounidense Josh Woodward. Está incluída no seu álbum Dirty Wings do 2007, interpretada polo compositor.
A canción ten unha temática escura. Na letra, o narrador semella estar a piques de estalar nun ataque de ira, probablemente por algo que dixo ou fixo a persoa que está con el, á que chama “dear” («cariño»). Isto explícase nos primeiros versos, mentres que o resto da canción consiste no narrador divagando arredor da idea de «destruír algo fermoso».
A letra da canción lembra inevitablemente ao filme Fight Club, en que o protagonista se expresa dunha forma similar, mesmo utilizando as mesmas palabras nalgúns casos.
Letra My dear, I'll give you sixty seconds to disappear And if you don't get out of here... who knows? Cuz I've been trying to find out if an angel bends or breaks Or shatters like a stone
I... I want to destroy something beautiful For you, I want to destroy for you
Tonight, there's only an inch between pain and delight And I'm full of Canadian whiskey and spite again Destruction and creation are the same thing after all The mighty always fall
I... I want to destroy something beautiful For you, I want to destroy for you
Destruction and creation are the same thing after all The mighty always fall
I... I want to destroy something beautiful For you, I want to destroy something beautiful For you, I want to destroy for...
Tradución Cariño, douche sesenta segundos para desaparecer. E se non saes de aquí... non respondo, porque estiven intentando descubrir se os anxos dobran, rompen, ou fanse anacos coma as rochas.
Que... Quero destruír algo fermoso. Para ti, quero destruír para ti.
Esta noite, entre a dor e o goce só hai unha polgada, e volvín encherme de whisky canadense e resentimento. A destrución e maila creación sonche a mesma cousa, a fin de contas. Os poderosos sempre caen.
Que... Quero destruír algo fermoso. Para ti, quero destruír para ti.
A destrución e maila creación sonche a mesma cousa, a fin de contas. Os poderosos sempre caen.
Que... Quero destruír algo fermoso. Para ti, quero destruír algo fermoso. Para ti, quero destruír para...
Licenza "I Want to Destroy Something Beautiful" está protexida pola licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos de AméricaPolítica de distribución de Josh Woodward. Por tanto, considérase música libreLicenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos ..
Notas
Categoría:Composicións musicais de Josh Woodward Categoría:Composicións musicais do século XXI Categoría:Composicións musicais baixo a licenza «Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos» Categoría:Composicións musicais de temática amorosa Categoría:Cancións Categoría:Composicións musicais de pop