Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.

Historia Fundada na cidade da Coruña en 1990, ten varias liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza. Patrocina, xunto a Sotelo Blanco Edicións e Edicións A Nosa Terra, o selo empresarial Consorcio Editorial Galego, a través do cal distribúe os seus fondos e coedita libros de texto.

No ano 2004 puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil.

No ano 2018 comezou a convocar o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Edicións Baía" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. "Edicións Baía" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 23, p. 61. Outros artigos Guía das aves de Galicia

Categoría:Editoriais de Galicia Categoría:A Coruña