Terry Pratchett, nado en Buckinghamshire o 28 de abril de 1948 e finado o 12 de marzo de 2015, foi un escritor inglés de orixe irlandesa coñecido sobre todo pola súa saga sobre o Mundodisco (Discworld), novelas de peripecias surrealistas e cómicas que se desenvolven nun mundo onde existe a maxia.

Traxectoria

Terry Pratchett publicou a súa primeira novela con 13 anos; porén, foi alternando durante boa parte da súa vida a súa faceta de escritor con outros traballos, como crítico editorial ou encargado de prensa para un grupo de centrais nucleares. A primeira novela de Pratchett, The Carpet People, publicouse en 1971. A primeira novela de Discworld, The Color of Magic (A cor da maxia), publicouse en 1983, na altura en que Pratchett escribía unha media de dous libros ao ano, e continuou escribindo máis entregas da saga do Mundodisco. A derradeira novela Discworld, The Shepherd's Crown, publicouse en agosto de 2015, cinco meses despois da súa morte.

Con máis de 85 millóns de libros vendidos en todo o mundo en 37 idiomas, Pratchett foi o autor máis vendido do Reino Unido da década de 1990. Foi nomeado Oficial of the Order of the British Empire (OBE) en 1998 e foi nomeado Knight Bachelor polos servizos á literatura nos 2009 New Year Honours. En 2001 gañou a Medalla Carnegie por The Amazing Maurice and his Educated Rodents, o primeiro Discworld comercializado para nenos. Recibiu o World Fantasy Award for Life Achievement en 2010.

En decembro de 2007, Pratchett anunciou que lle diagnosticaron enfermidade de Alzheimer de inicio precoz. Máis tarde fixo unha importante doazón pública ao Alzheimer's Research Trust, filmou un programa de televisión que narraba as súas experiencias coa enfermidade da BBC, e converteuse en mecenas de Alzheimer's Research UK.

Terry Pratchett viviu nos seus últimos anos en Wiltshire (Inglaterra) coa súa muller Lyn e a súa filla Rhianna, onde adicaba boa parte do seu lecer ó cultivo de plantas carnívoras.

Escribiu novelas como The Good Omens en colaboración con Neil Gaiman. Segundo este, o derradeiro desexo de Pratchett foi que se adaptase a novela a serie de televisión.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Finados en 2015 Categoría:Profesores do Trinity College Dublin