Albino Jara Benegas, nado en Luque o 28 de febreiro de 1877 e finado en Asunción o 15 de maio de 1912, foi un militar e presidente "de facto" da República de Paraguai en 1911.
Traxectoria Estudou ata o cuarto curso na Facultade de Dereito. Aos 20 anos obtén unha bolsa de estudos en Chile, na Academía Militar; de aí sae como alférez. De regreso ao seu país ascende a tenente e en 1904 a capitán. En 1908 é ascendido a coronel. Pasarían 3 anos ata que realizase un golpe de estado e se autoproclamase presidente, derrocando ao presidente constitucional, Manuel Gondra.
Asumiu o cargo o 17 de xaneiro de 1911, aos 33 anos de idade. Durante o seu goberno estableceuse un sistema educativo comparado cos modelos de Estados Unidos e Europa. Foron pavimentados 40 km² das rúas de Asunción, fundou o Instituto Histórico e Xeográfico de Paraguai, e traballou para que o ferrocarril chegará ata a cidade de Encarnación para posteriormente unirse a conexión con Posadas (Arxentina).
O 5 de xullo de 1911 foi deposto e levado ao porto para expulsalo cara a Bos Aires.
En 1912 retornou a Paraguai. Quixo organizar unha revolución contra o goberno de Pedro Pablo Peña, pero non o logrou. Ferido de bala na acción foi encarcerado e, como consecuencia das feridas, faleceu o 15 de maio de 1912.
Notas
Categoría:Nados en 1877 Categoría:Nados no departamento Central Categoría:Presidentes de Paraguai Categoría:Mortos en combate Categoría:Finados en 1912