O Club de Rugby Cisneros, tamén coñecido como Complutense Cisneros pola súa relación coa Universidade Complutense, é unha entidade deportiva de Madrid adicada ó rugby que compite na División de Honra. O equipo disputa os seus partidos como local no Estadio Nacional Complutense, popularmente chamado "O Central", que comparte co seu máximo rival, o CD Arquitectura, e coa selección española.
Historia O equipo foi fundado no ano 1945 por alumnos do Colexio Maior Ximénez de Cisneros de Madrid, a carón do cal fora inaugurada en 1943 a nova cidade deportiva universitaria. Durante décadas tódolos xogadores do equipo eran do Colexio Maior, ata que nos anos 80 comezaron a chegar xogadores doutros clubs e ata do estranxeiro.
O CR Cisneros está considerado como un dos clubs históricos do campionato nacional de liga, con 33 tempadas na máxima categoría, 2 títulos de liga nos anos 1976 e 1985, 2 subcampionatos nos anos 1975 e 1989, e 4 Copas do Rei nos anos 1967, 1969, 1979 e 1982.
O club pasou por dúas décadas de pobres resultados deportivos dende a segunda metade dos anos 90, pasando a maior parte das tempadas na segunda división do rugby nacional, até que en 2012 acadou de novo o ascenso á máxima categoría. Nos últimos dous anos disputou dúas semifinais de liga, unha final de copa e unha supercopa, e o Cisneros volve a estar na elite dos clubs de rugby de España.
Palmarés De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:
Liga Española de rugby: 2 títulos. 1ª posición: 1975/76, 1984/85 2ª posición: 1974/75, 1988/89 Copa do Rei de rugby: 4 títulos. 1ª posición: 1966/67, 1968/69, 1978/79, 1981/82 2ª posición: 1976/77, 1986/87, 2014/15 Copa Ibérica de rugby: 2 títulos. 1ª posición: 1967/68, 1985/86 2ª posición: 1969/70 Supercopa de España de rugby: 0 títulos. 1ª posición: - 2ª posición: 2015/16
Posicións do Club de Rugby Cisneros en competicións nacionais dende 1967, ano no que acada o seu primeiro título Categoría201615141312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170696867Div.Honra 20px|Disputándose337 10 108 1074710476824531 6xxxx53126 75 Div.HonraB 2 3463 158 233 1ªNacional 1 1 Copa 20px|Disputándose2 2 1 1 2 1 1
Tempadas completadas na División de Honra Con 51 tempadas: UE Santboiana Con 37 tempadas: CR Cisneros Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo Con 34 tempadas: Getxo RT Con 32 tempadas: VRAC Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias Con 23 tempadas: FC Barcelona Con 22 tempadas: RC Valencia Outros.
Tempada actual
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do club Outros artigos
Cisneros Categoría:Deporte en Madrid