El Anunciador foi un xornal editado en Pontevedra entre 1877 e 1893.

Traxectoria Subtitulado Diario de noticias, anuncios, e intereses morales y materiales, apareceu 1 de xaneiro de 1877. José María Madrigal foi o seu fundador e propietario. Foron os seus directores: José María Madrigal, a quen sucedeu en 1879 Indalecio Armesto, José Suárez, Juan Manuel Rodríguez, Cosme Fernández Soler, Emilio Couto e José Sequeiros Matos. Foi un xornal de tendencia primeiramente independente, cunha segunda etapa liberal e unha terceira plenamente republicana, sempre ao servizo da democracia e con aversión á monarquía. En xaneiro de 1881 tivo unha denuncia pola súa política liberal, polo que suspendeu a súa publicación, aparecendo para substituílo El Avisador os días que durou a sanción.Gaceta de Galicia, 20-1-1881, p. 2. A partir de novembro de 1879 cambiou de subtítulo por Diario de intereses generales, noticias y anuncios e dende principios de 1885 Diario de Pontevedra. En maio de 1891 o Partido Republicano encargouse da súa redacción e serviulle de voceiro co subtítulo Diario Republicano, que cambiou a Diario republicano progresista cando a principios de 1892 por desavinzas na coalición republicana se fan cargo del os progresistas do partido encabezados por Néstor Pardo Torrentera,La Voz de Galicia, 11-2-1892, p. 2. aínda que foi José Sequeiros o que ocupou o cargo de director.La Voz de Galicia, 21-2-1892, p. 1. Cesou a súa publicación en maio de 1893.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos El Avisador Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1877 en Galicia Categoría:Prensa republicana