La República foi un periódico editado en Ourense entre 1903 e 1908.

Historia e características Apareceu en 1903, co subtítulo de Semanario Político. Estaba dirixido por Julio Carballo Enríquez e entre os seus colaboradores estaban Amador Villar Amor, Juan Manuel Amor, Emilio Amor, José López Darriva, e José Lorenzo Álvarez. Foi o primeiro órgano republicano de Ourense. Posiblemente tivera unha segunda época en 1907, cesando a súa edición en 1908.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos La República (1919) La República (1930) Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Salgado Sánchez, Rafael Ángel (10/10/2009) "Semanario "La Republica" Ourense 1902" Ourense no tempo.

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1903 en Galicia Categoría:Prensa republicana