O pazo de Tovar, tamén coñecido como fortaleza de Tovar, é unha edificación que data de comezos do século XIII, unha xoia do gótico isabelino e Ben de Interese Cultural. Localízase en Pacio de Tovar, parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá.

Descrición Consta de varios corpos cuadrangulares. O corpo principal rectangular está flanqueado por dúas torres cadradas. As torres teñen pegadas dúas estruturas forman un patio interior xunto cun lenzo da muralla. As torres teñen ameas, troneiras, seteiras e barbacás. A porta principal do pazo é de arco gótico isabelino con dous bustos en baixorrelevo labrados nos salmeres e enriba dous pequenos escudos. Toda a fábrica é de cachotaría de lousa con cadeirado de granito nas partes nobres.

Historia Torre de Canedo Os primeiros documentos sobre esta edificación datan de finais do século XIII e refírense a ela como Torre de Canedo. Documentos posteriores indican a súa progresiva deterioración. Os últimos escritos descríbena como unha vella torre en estado deplorable.

Fortaleza de Tovar Antonio de Tovar, parente de Pardo de Cela e home de confianza do emperador Carlos V, construíu en 1530Segundo consta nunha inscrición que contén un escudo no que aparecen as armas dos Andrade, situado na fachada leste da torre da homenaxe. unha fortaleza sobre a torre cun carácter menos defensivo; remodelándoa ao gusto da época, con maiores xanelas para outorgar máis luz ao interior, ademais doutros elementos decorativos para dar máis importancia ao conxunto.

A fortaleza herdouna Brianda de Tovar e Pimentel, pasando en 1548 a ser propiedade, por herdanza, dos Vázquez de Seixas na persoa de don Fernán, señor de San Paio de Narla, Condes, Castelo das Seixas, e cotos anexos.

A partir desta data, diferentes familias viviron na fortaleza ao longo do tempo; a maior parte como arrendatarios, chegando en momentos a vivir máis dunha familia no inmoble. Todos deixaron as súas pegadas no edificio.

Situación actual Na actualidade o edificio está nun estado bastante ruinoso, conserva en case perfecto estado todas as súas paredes e muros, pero ten os tellados e pisos seriamente danados. Vai ser restaurado pola Consellería de Cultura e Turismohttp://www.cronica3.com/2010/08/cultura-rehabilitara-o-pazo-de-tovar-e-o-seu-contorno-no-concello-de-lourenza/.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Tovar Tovar Categoría:Lourenzá Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo