O Club Balonmano Barakaldo ou Barakaldo Eskubaloi Kluba é un club de balonmán da localidade de Barakaldo, Biscaia (Euskadi). O club foi fundado en 1979 e actualmente compite na División de Honra B, a segunda categoría do balonmán no Estado español, a pesar de que competiu 6 tempadas na máxima categoría, a Liga ASOBAL (1995-96, 1996-97, 1998-99, 2001-02, 2002-03 e 2003-04) sendo a súa mellor clasificación catro 14º postos. Dende o 2004 disputa os seus partidos como local no Pavillón Lasesarre, pavillón con capacidade para 3 200 espectadores, ata ese momento xogaba como local no Polideportivo de Gorostiza, cunha capacidade para 700 espectadores.

Palmarés 2 Copa Euskadi: 1997-98 e 1998-99

Ligazóns Site oficial

Barakaldo Categoría:Deporte en Barakaldo