José Doldán Don, coñecido como Daniel, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 18 de agosto de 1912 e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Doldán Caridad, afiliado á CNT e próximo ao PSOE. Nado en Oleiros, electricista de profesión. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 tratou de fuxir por mar, pero fracasou. Participou na loita guerrilleira dende 1945 dentro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ao mando de Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer. Foi morto por unha contrapartida en Milreu (Aranga), o 26 de xuño de 1946, xunto con Marrofer e outros dous guerrilleiros.

Datos persoais Estaba casado con Francisca Casal Sánchez, e tiña unha filla chamada Francisca Doldán Casal.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Partida de defunción

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1946