miniatura|dereita|250px|Montaña en Alasca. Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.
Día Internacional das Montañas O 20 de decembro de 2002, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de decembro como Día Internacional das Montañas ONU"Hoy se celebra el Día de las Montañas", en La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la escuela, 11.12.2013..
Entre outras razóns para esta declaración cítanse as seguintes: a superficie do planeta Terra é nun 27% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial. A cuarta parte dos animais e plantas da Terra medran nas montañas.
Xeografía Topografía A proporción de terras emerxidas situadas a máis de 1000 m sobre o nivel do mar é de aproximadamente unha cuarta parte do total,Laurent Rieutort, «Les populations des montagnes du monde: répartition et systèmes de peuplement», Prace geograficzne, vol. 113, Cracovia, 2004, páx. 171-183 .Axel Borsdorf, Valérie Braun, «Panorama de la recherche sur la montagne en Europe et dans le monde», Recherche alpine: spécificité et devenir, vol. 96, n°4, 2008, páx. 101-116. Dispoñible en: á que se pode agregar outro 10% de terras, cunha altitude inferior, mais que presentan unha forte pendente segundo os criterios do UN Environment World Conservation Monitoring Centre (UNEP-WCMC). En detalle, o terreo montañoso comprende aproximadamente o 33% de Eurasia, o 24% de América do Norte, o 19% de América do Sur e o 14% de África.. miniatura|Vista das agullas de Chamonix, relevo típico dunha cadea de colisión nunha contorna glaciar Nun macizo montañoso, os cumios están conectados por cristas e quedan separados entre eles por collados ou por pasos, que son os puntos máis baixos da área de cristas, e por vales para os máis largos, que en xeral separan os macizos. Un cumio pode ter unha cima principal e varias cimas máis secundarias.Émile-Emmanuel Regneault, Traité de topographie et de géodésie forestières, J. Troup, Nancy, 1844, pag. 235-238.
A xeomorfoloxía das montañas depende de varios factores:Pierre Birot, «Les différents types de montagne», L'information géographique, vol. 13, n°.3, 1949, pag. 85-96, do seu proceso de formación (orexénese), da velocidade de deformación (movementos verticais e horizontais das rochas), da propia natureza das rochas (as rochas suaves da relevos máis suaves que as duras) e do clima.
Nas cadeas de colisión novas, e nas cadeas anciás considerablemente anovadas, os cumios adoitan chamarse picos cando teñen forma cónica e agullas cando están particularmente afiados nunha crista, ou mesmo dente cando se separan do relevo. Tamén se empregan os cualificativos «punta», «cabeza» ou mesmo «rocha». Cando experimentaron unha glaciación, os cumios poden presentar unha forma de pico piramidal que domina os vales e os circos glaciares.Roger Brunet, Hervé Théry, Robert Ferras, Les mots de la géographie, Reclus, 3.ª ed., 2005 , páx. 502.
O relevo de pregamento tradúcese nunha xeomorfoloxía específica. A cima dun anticlinal forma un monte. Nun relevo conforme, de tipo xurásico, o fondo dun sinclinal constitúe un val. Unha depresión na cima dun monte é unha combe. As cornixas rochosas no bordo do val ou da combe chámanse crêts. As cluses son depresións que atravesan as anticlíneas transversalmente. Nun relevo invertido, de tipo prealpino, as sinclinais atópanse nos puntos altos por erosión diferencial e dise que están encaramadas. O relevo dos Apalaches é un tipo particular de relevo de pregamento que xa fora moi aplanado e que despois foi novamente elevado, o que provocou a reanudación da erosión. Neste caso, as anticlinais e as sinclinais denomínanse respectivamente barras e sucos.Alain Foucault, Jean-François Raoult, Dictionnaire de géologie, Dunod, París, 2010, 7è éd. (1re éd. 1980), 388 p. ), pag. 303. miniatura|Diagrama que representa un relevo de tipo Jura e as terminoloxías asociadas Nun dominio extensivo, o bordo dun horst forma xeralmente un largo escarpe de falla. A erosión axuda a crear cumios individualizados.
Os relevos volcánicos son de dous grandes tipos: os volcáns explosivos preséntanse en xeral en forma de estratovolcáns de aparencia cónica ou de domos de lava.. Os estratovolcáns poden soportar domos de lava e conos de escoura secundarios e nese caso dise que son complexos; os volcáns somma son parte deles. os volcáns efusivos están en forma de volcáns en escudo, de grandes dimensións e con pendentes moi pequenas. Estes tamén poden soportar conos volcánicos. Cando os volcáns en escudo emiten lava por debaixo dun casquete de xeo, forman tuyas.Gilles Chazot, René Maury, Olivier Roche, Arnaud Agranier, Jean-François Lénat, Volcanologie, De Boeck Superieur, 2017 , páx. 168. A maioría dos volcáns submarinos son volcáns en escudo.Gilles Chazot, et al., pag. 57-61, 109-111.
Os estratovolcáns e os volcáns en escudo adoitan ter cráteres no seu cumio e ás veces cando se baleira a cámara magmática, unha gran caldeira.Fernand Joly, Glossaire de géomorphologie, éd. Armand Colin, 1997.
miniatura|Cantís do monte Roraima, un tepuy en Venezuela
Nas concas sedimentarias, a erosión diferencial tamén pode alterar os relevos. Se as capas sedimentarias son monoclinais, é dicir, están inclinadas mais non pregadas, ten o mesmo buzamento, cunha alternancia de rochas duras arriba e brandas debaixo, a erosión forma no bordo da conca unha costa, cunha fronte ríxida e un lombo lixeiramente inclinado; se o fragmento rochoso está totalmente illado, constitúe un cerro testigo.Max Derruau, Les formes du relief terrestre: notions de géomorphologie, Armand Colin, 2010. Se as capas non están inclinadas ou son febles, a erosión pode causar a aparición dun relevo tabular chamado mesa cando constitúe unha meseta, butte se as súas dimensións son máis pequenas,Roger Brunet, Les mots de la géographie, Reclus-La Documentation française, 1993, páx. 282. planèze se a orixe é un relevo volcánico invertido, ou tepuy, nun ambiente tropical.
Entre as diferentes formas de inselberg (do alemán, montaña-illa, un relevo illado que domina unha chaira ou unha meseta) están o hardhardt e o kopje, que son respectivamente un monólito natural inclusivo e unha morea de rochas, ou mesmo o morne, nun ambiente tropical, o monadnock en zona temperada, e o neck e o dique, que son respectivamente os restos dunha cheminea volcánica e dun filón volcánico vertical espidos pola erosión
Orixe das montañas miniatura|O Aconcagua (6960,8 m) é a montaña máis alta da Terra fóra de Asia A orixe das montañas está en forzas endóxenas, posteriormente modificadas por factores exóxenos, como a erosión. As oroxéneses que deixaron máis pegadas no relevo e na configuración actual dos continentes derivan do pregamento herciniano, na Era Paleozoica, e do pregamento alpino, na Era Cenozoica. No Período Cuaternario as glaciacións erosionaron as cadeas montañosas, dando lugar a moitas das paisaxes montañosas características. Un exemplo de formación montañosa terciaria é a cordilleira dos Andes.
Na historia da Terra houbo polo menos tres grandes períodos de formación de montañas: a oroxenia caledoniana, con relevos montañosos que se formaron hai 400 millóns de anos, como sucede en Escocia (de nome latino Caledonia). a oroxenia herciniana, con relevos que se formaron hai 270 millóns de anos, como por exemplo, os Urais entre Europa e Asia e os Apalaches en Norteamérica. a oroxenia alpina, con relevos montañosos elevados formando longos cordais, volcánicos ou non, que se formaron hai uns 35 millóns de anos, como sucede nos Alpes, en Europa e no Himalaia. Son os relevos máis novos e moitos deles aínda se están a erguer, resultando ademais que a erosión actuou sobre eles durante menos tempo, polo que as montañas alpinas presentan as maiores alturas do relevo terrestre.
Montañas máis altas As cinco montañas máis altas de cada continente son as seguintes:
África miniatura|dereita|250px|O monte Kilimanjaro dende o aire en xullo de 2007. Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas1 Kilimanjaro 5 895 Tanzania o seu punto culminante é o volcán Kibo.2 Monte Kenya 5 199 Kenya 3 Mawenzi 5 149 Tanzania pertence ao macizo do Kilimanjaro.4 Ruwenzori 5 109 R. D. do Congo e Uganda 5 Ras Dashan 4 623 Etiopía
América do Norte miniatura|dereita|250px|O monte McKinley visto dende o norte. Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas1 Denali/monte McKinley 6 194 Estados Unidos de América 2 Monte Logan 5 956 Canadá 3 Pico de Orizaba 5 675 México 4 Monte Sant Elias 5 489 Estados Unidos de América e Canadá 5 Popocatépetl 5 410 México
América do Sur miniatura|dereita|250px|O Aconcagua visto dende a entrada do parque. Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Comentarios1 Aconcagua 6 962 Arxentina 2 Ojos del Salado 6 891 Chile É o volcán máis alto do mundo.3 Monte Pissis 6 774 Arxentina 4 Huascarán 6 768 Perú 5 Cerro Bonete 6 759 Arxentina
Antártida miniatura|dereita|250px|Macizo Vinson visto dende o espazo. A Antártida é unha zona internacional, sen soberanía directa de ningún estado. Orde Cume Altitude (m) Coordenadas Notas1 Monte Vinson 4 897 2 Monte Tyree 4 852 3 Monte Kirkpatrick 4 528 4 Monte Markham 4 350 5 Domo Argus 4 030
Asia miniatura|dereita|250px|Cara norte do Everest, o cume máis alto do mundo. As cinco montañas máis altas de Asia son tamén as máis altas da Terra, e atópanse todas na cordilleira do Himalaia agás o K2 que está no Karakoram. En ningún outro continente hai montañas que superen os 8 000 metros de altura, nin sequera que superen os 7 000 metros. O Everest é a montaña máis alta do mundo respecto ao nivel do mar. Orde Cume Altitude (m) Cordilleira Localización Coordenadas Notas1 Everest 8 848 Por mor da diferenza existente entre as diferentes medidas do Everest empregouse a tradicional de 8 848 metros. Himalaia Nepal e Tíbet 2 K2 8 611 Karakoram República Popular da China e Paquistán 3 Kanchenjunga 8 598 Himalaia Nepal e India 4 Lhotse 8 516 Himalaia Nepal e Tíbet 5 Makalu 8 485 Himalaia Nepal e Tíbet
Europa miniatura|dereita|250px|O Elbrus. Foto realizada a 4 200 metros de altura. No caso de Europa, esta táboa varía en función dos límites que se lle dean ao continente. Xeralmente, o norte do Cáucaso inclúese en Europa. Orde Cume Altitude (m) Cordilleira Localización Coordenadas Notas 1 Monte Elbrus 5 642 Cáucaso Rusia 2 Dykh-Tau 5 203 Cáucaso Rusia 3 Shkhara 5 058 Cáucaso Xeorxia e Rusia 4 Monte Kazbek 5 047 Cáucaso Xeorxia 5 Mont Blanc 4 810 Alpes Francia e Italia
Oceanía miniatura|dereita|250px|Puncak Jaya. Orde Cume Altitude (m) Localización Coordenadas Notas1 Puncak Jaya 4 884 Indonesia 2 Puncak Trikora 4 750 Indonesia 3 Monte Wilhelm 4 509 Papúa-Nova Guinea 4 Monte Giluwe 4 368 Papúa-Nova Guinea 5 Aoraki/Monte Cook 3 754 Nova Zelandia
Montañas extraterrestre A montaña máis alta que se coñece con precisión no Sistema Solar é o Olympus Mons, un volcán en escudo localizado no planeta Marte con 21.2 km de altitude e 80×60 km de caldeira, e cun diámetro de 600 km.J.-B. Plescia, «Morphometric Properties of Martian Volcanoes», Journal of Geophysical Research, vol. 109, nº.E03, 2004, . Os outros planetas telúricos tamén presentan formacións montañosas: