Discovery Home & Health é unha canle de televisión que o grupo Discovery Channel lanzou no Reino Unido e Irlanda no ano 2000 co nome de Discovery Health, cun formato semellante ao seu homólogo norteamericano. No Reino Unido e Irlanda o Discovery Home & Health +1 retransmite a mesma programación unha hora máis tarde. Desenvolvemento A partir de 2004 estendeu a súa dispoñibilidade a varios países do leste de Asia e que tamén se pode ver en Australia e Nova Zelandia, existen tamén versións da canle en portugués para o Brasil e en castelán para Latinoamérica. En 2005 cambiou de nome ao actual, variando a súa orientación para se constituír nunha canle dirixida ao público feminino. En 2010 tiña 39 millóns de subscritores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Web en portugués Web en castelán
Categoría:Cadeas de televisión do Reino Unido Categoría:Discovery Channel Networks