Saber e xogar foi un concurso que emitiu a Televisión de Galicia nas tempadas 1985-1987 presentado por Carlos Blanco Vila e Carmen Pardal. Consistía nunha competición entre os alumnos de dous centros de ensino de Galicia, con preguntas e respostas e con probas de deportivas e de habelencia. O gañador da primeira tempada foi o IES Francisco Aguiar de Betanzos e o da segunda o Colexio "Pardo Bazán", das Pontes.

Categoría:Concursos da TVG