Alejandro Febrero Lorenzo, nado en Madrid o 25 de febreiro de 1925 e finado o 13 de agosto de 2010,Adiós a un deportista épico, artigo en El País . foi un nadador olímpico español que habitou a maior parte da súa vida na cidade de Vigo, onde formou parte de varios clubs deportivos.

Traxectoria O seu fito máis salientable foi a inclusión no equipo olímpico que competiu na cidade de Londres en 1948. Tamén foi o primeiro en cruza-la Ría de Vigo a nado.Febrero, nadador olímpico, artigo en Faro de Vigo. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. En 1944 incorporouse coma nadador ao Club Marítimo de Vigo, nese ano participou nos campionatos galegos na proba de 1500 metros libres, obtendo un tempo de 25,33',08. En 1945, xa trala integración do seu club no Náutico de Vigo, mellorou o seu rexistro na devandita proba a 23,01'09, progresión que continuaría en 1946 con medio minuto menos, 22,25',04, sendo o mellor dos nadadores galegos. No Campionato de España da cidade de As Palmas de Gran Canaria obtivo a segunda praza en 400 metros libres, e en 1500 metros libres mellorou a súa marca a 21,12',07, polo que foi seleccionado para os Xogos Olímpicos de 1948 en Londres, primeiros en organizarse despois da segunda guerra mundial.

Foi quinto clasificado na primeira eliminatoria de 400 metros libres, e cuarto clasificado na terceira eliminatoria de 1500 metros cunha marca de 21,15',27 próxima ao seu mellor rexistro, ficando na sétima posición entre 39 nadadores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Comité Olímpico Español . Ficha de Febrero Lorenzo

Categoría:Nadadores olímpicos de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1948