Voto é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte cos concellos de Bárcena de Cicero e Colindres, polo oeste con Solórzano, polo sur con Ruesga e Ramales de la Victoria e polo leste con Limpias e Ampuero.
Forma parte da comarca de Trasmiera e por Voto transcorren as rías de Limpias e Rada, incluídas dentro do Parque natural das Marismas de Santoña, Victoria e Joyel. Polo leste atópanse as serras de Breñas, Sel e Mullir, que o separan do val do Asón.
Localidades
Bádames (Capital) Bueras Carasa Llánez Nates Padiérniga. Rada San Bartolomé de los Montes San Mamés de Aras San Miguel de Aras San Pantaleón de Aras Secadura
Patrimonio Cova de “Cobrantes” en San Miguel de Aras, con categoría de Ben de interese cultural. Cova de “El Otero” en Secadura, tamén con categoría de Ben de interese cultural. Palacio do Conde de San Carlos en Valdelastras (Secadura), con categoría de Ben inmoble de interese local. Casa de Velasco, exemplo de arquitectura civil do século XVII, situado no barrio de Angustina de Carasa. O mal estado de conservación do mesmo motivou a inclusión deste monumento na lista de patrimonio en perigo da asociación para a defensa do patrimonio Hispania Nostra.
Economía
Un 28,2 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 12,8 % na construción, un 29,6 % na industria e un 29,4 % no sector terciario.
Demografía
Administración As seguintes táboas expoñen os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.Resultados electorais de Voto, en ElPaís
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 665 38,48 % 5 PRC 606 35,07 % 4 PSOE 372 21,53 % 2
Alcalde electo: Felipe Alberdi Rodríguez (PSC-PSOE).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PSOE 589 33,87 % 4 PRC 531 30,53 % 3 PP 457 26,28 % 3
Alcalde electo: José Luis Trueba de la Vega (PRC).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Junta de Voto
Categoría:Concellos de Cantabria