Semen Up foi un grupo galego de música pop, activo na década de 1980 e encadrado no movemento denominado movida viguesa.

Traxectoria O grupo iniciou a súa traxectoria artística en 1985, lanzando o Mini-Lp de catro cancións Lo estás haciendo muy bien, que incluía un tema do mesmo título, o cal chegou a converterse no maior éxito do grupo; a canción describía unha felación, o que provocou non pouca polémica e marcou o auxe dunha fugaz tendencia musical da época que deu en chamarse porno-pop.

Un ano despois editan La agonía do Narciso, ao que seguiría Vuelve el hombre, LP que contiña o tema Tu novia está loca, incluía na banda sonora do filme homónimo. Tras dous novos álbums, o grupo acabou por se disolver contra finais da década, coincidindo coa saída do seu líder, Alberto Comesaña, que comezou daquela o dúo Amistades peligrosas, canda a cantante Cristina del Valle.

En 2005 Semen Up reuniuse para ofrecer unha serie de concertos por todo Estado Español, participando entre outros no Mediatic Festival de Alacant.

Discografía Lo estás haciendo muy bien (1985). La agonía del Narciso (1986). Vuelve el hombre (1987). El gusto es mío (1988). Madurez (1989). Lo estás haciendo muy bien y otras canciones peligrosas (1996). Recompilatorio.

Véxase tamén Outros artigos Movida viguesa

Ligazóns externas Biografía de Semen Up Tema Bendita seas tú

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Movida viguesa