Val de San Vicente é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste co concello asturiano de Ribadedeva, polo sur con Herrerías e polo leste con San Vicente de la Barquera.
Val de San Vicente é o municipio máis occidental da costa cántabra e está situado na desembocadura dos ríos Deva e Nansa, que achegan as súas augas ao mar nas rías de Tina Mayor e Tina Menor respectivamente.
A súa actividade económica principal é o turismo. Tamén a industria alimentaria fíxose un oco na economía de Val de San Vicente coas corbatas como principal produto, típico da zona.
O territorio está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander-Oviedo. De Unquera parte a principal estrada que comunica a comarca de Liébana coa costa e o resto de Cantabria.
Durante o Antigo Réxime este municipio pertencía como señorío aos Marqueses de Aguilar de Campoo.
Localidades Os seus 2.670 habitantes (INE, 2006) distribúense por: Abanillas, 81 hab. Estrada, 22 hab. Helgueras, 74 hab. Luey, 179 hab. Molleda, 187 hab. Muñorrodero, 95 hab. Pechón, 215 hab. Pesués (capital), 376 hab. Portillo, 78 hab. Prellezo, 212 hab. Prío, 85 hab. San Pedro de las Baheras, 63 hab. Serdio, 184 hab. Unquera, 819 hab.
Demografía
Administración Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PSOE 1001 54,91 % 6 PP 449 24,63 % 3 PRC 308 16,90 % 2
Alcalde electo: Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PSOE 1095 59,71 % 8 PP 397 21,65 % 2 PRC 180 9,81 % 1
Alcalde electo: Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE).
Patrimonio Existen no municipio os seguintes bens de interese cultural: Torre de Estrada, en Estrada, monumento. Cova de La Fuente del Salín, en Muñorrodero, zona arqueolóxica. Castro de Castillo, en Prellezo, zona arqueolóxica. Ruta Lebaniega, que liga o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés – afectando, á parte deste municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Cabezón de Liébana, Camaleño e Vega de Liébana. Hai, ademais, un Ben de interese local, as Ruínas da antiga igrexa medieval do cemiterio de Portillo.
Concello irmán
Mios
Véxase tamén
Categoría:Concellos de Cantabria