Xosé Oliveira Blanco "O Moreno", nado no barrio do Sobreiro en Lavadores, en abril de 1915 e finado o 25 de xaneiro de 1991, foi un gaiteiro galego.

Era compoñente do cuarteto de gaiteiros Os Morenos de Lavadores, xunto o seu irmán Manuel, Olimpio Alonso e Xosé Suárez. Foi profesor de Ricardo Portela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Homenaxe a Xosé Oliveira Blanco "O Moreno", Anuario da gaita, n.º 6, 1991. Escola Provincial de Gaitas, Deputación de Ourense.

Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes