Santiago Lago Peñas, nado en Vigo en 1971, é un economista galego, director do Foro Económico de Galicia.

Traxectoria Licenciouse en Economía en 1994 pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou catro anos máis tarde. É profesor da Universidade de Vigo no seu departamento de Economía Aplicada, con rango de catedrático.

A súa área de investigación principal é a economía pública e, máis especificamente, federalismo fiscal e descentralización.

Ten publicado máis de 100 traballos en distintas revistas especializadas nacionais e internacionais, e tamén ten realizado estadías de investigación en universidades europeas (Friburgo, Rennes I, IEP París, Pau) e canadenses (Acadia, Alberta e Queen's). É editor executivo de 'Hacienda Pública Española - Review of Public Economics', a revista científica do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda.

É investigador asociado ao Institut d'Economia de Barcelona (IEB) e colaborador de FUNCAS, codirector da rede de investigadores RIFDE, director do Foro Económico de Galicia e director das Cátedras de empresa familiar e finanzas rexionais da Universidade de Vigo. Experto para o Banco Mundial, a Comisión Europea, a OCDE, o Foro de Federacións, a Corporación RAND e a Asemblea de Rexións Europeas. Foi elixido polo Parlamento de Galicia como o representante de Galicia para a reforma do sistema de financiamento autonómico. Asemade, pertence ao Comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario do Ministerio de Facenda (2021-2022). É membro do comité asesor da Fundación Transforma España.

Foi coordinador do grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia para afrontar os retos económicos formulados pola COVID-19 e conselleiro da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos en Galicia. Foi tamén conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia entre 2003 e 2011.

Ten colaborado con prensa escrita e radiofónica (El Mundo, Faro de Vigo, SER e Radio Nacional).

Premios

Premio de investigación Josep Maria Vilaseca i Marcet (2010) do Institut de Estudos Autonómics da Generalitat de Cataluña pola obra Descentralización y control electoral de los gobiernos en España, publicada a canda Ignacio Lago.

Obras

2002 - Los efectos del gasto público sobre el crecimiento económico: el caso de comunidades autónomas. A Coruña: Instituto de Estudios Económicos de Galicia, Pedro Barrié de la Maza. Publicado con Luis Caramés. ISBN 84-9752-003-3 2006 - Vinte e cinco anos de autonomía en Galicia: mudanzas políticas e económicas. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Publicado con Ignacio Lago. ISBN 9788445343270 2007 - Delimitación da área metropolitana funcional de Vigo. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Libro colectivo. 2007 - Globalización, competencia e deslocalización. Perspectivas dende Galicia. Santiago de Compostela: Consellaría de Economía e Facenda. Publicado con Albino Prada, Xan López Facal, J.M. García Vázquez, Manuel Lago e Xosé H. Vázquez. 2008 - Territorio, financiamento e control do gasto. Vigo: Galaxia. Publicado con Xoaquín Álvarez Corbacho. 2008 - Presente e futuro do municipalismo galego. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Publicado con Alberto Vaquero. ISBN 9788445345948 2008 - A convivencia plural. Dereitos e políticas de xustiza. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración Pública. Co-coordinado con Jorge Álvarez Yagüez. ISBN 978-84-453-4609-9 2008 - Ética pública: desafíos e propostas. Santiago de Compostela: EGAP. Editado con Antonio Izquierdo. ISBN 9788472904149 2009 - Galicia, unha economía europea, 1986-2006. Vigo: Galaxia. Publicado con Albino Prada. ISBN 978-84-9865-182-9 2011 - Descentralización y control electoral de los gobiernos en España. (en castelán) Barcelona: Generalitat de Catalunya. Publicado con Ignacio Lago Peñas. ISBN 978-84-393-8792-3. 2011 - As estatísticas sobre o mundo local galego: análise e perspectivas. A Coruña: Deputación da Coruña. Publicado con Patricio Sánchez Fernández. ISBN 978-84-9812-151-3 2016 - Descentralización y sistema tributario. Lecciones de la experiencia comparada. Madrid: Fundación Impuestos y Competitividad. Publicado con Alberto Vaquero. ISBN 978-84-608-6627-5 2017 - Economía sumergida y fraude fiscal en España. ¿Qué sabemos? ¿Qué podemos hacer?. Madrid. Funcas. Publicado con Xoaquín Fernández Leiceaga. ISBN 9788415722861 2018 - El sector público español. Reformas pendientes. Madrid. Funcas. Publicado con Alain Cuenca. ISBN 978-84-17609-25-2

Vida persoal É irmán dos tamén economistas Manuel Lago e Ignacio Lago Peñas, e do profesor de xestión deportiva Carlos Lago.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio persoal na Universidade de Vigo. Blog persoal en Funcas.es

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes