Manuel Oliveira Blanco, nado no barrio do Sobreiro no daquela concello de Lavadores (actual Vigo), o 11 de novembro de 1911 e finado o 5 de xaneiro de 1976, foi un gaiteiro galego.

Primeiro foi compoñente do grupo Airiños de Cabral xunto o tamén gaiteiro Constante Moreda. Ao finar este en 1936, xuntaríase co seu irmán Xosé Oliveira Blanco dando lugar aos célebres gaiteiros Os Morenos de Lavadores.

Notas

Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes