Ruiloba é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca da Costa Occidental e partido xudicial de San Vicente de la Barquera. Ten pouca superficie, 15,13 quilómetros cadrados. O seu nome provén de río da Loba, o que delata unha orixe fluvial (v. hidrónimo en toponimia), frecuente en Cantabria. No seu escudo pódese ollar a figura dun lobo.
Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste co municipio de Comillas e polo sur e leste co de Alfoz de Lloredo.
Localidades Casasola. Concha. La Iglesia (Capital). Liandres. Pando. Ruilobuca. Sierra. Trasierra.
Economía Actualmente, a actividade económica que emprega practicamente á metade da poboación activa é o sector terciario, movido sobre todo polo turismo, que se beneficia da atracción dos concellos próximos como Santillana del Mar ou Comillas. Con todo, tamén se desenvolven actividades tradicionais como a agropecuaria ou a olería, en talleres do barrio de La Iglesia.
Demografía
Administración Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PSOE 281 51,28 % 4 PP 137 25 % 2 PRC 121 22,08 % 1
Alcalde electo: Gregorio Escalante Barreda (PSC-PSOE).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PSOE 221 39,53 % 3 PRC 144 25,76 % 2 PP 118 21,11 % 2
Alcalde electo: Martín Remón Jaúregui (PRC).
Patrimonio miniatura|250px|Casa do Concello, no barrio de La Iglesia, capital municipal. miniatura|200px|Torre da Igrexa da Asunción. Non existe neste municipio ningún Ben declarado de Interese Cultural. Poden, non obstante, mencionarse diversos puntos de interese: Cova de El Portillo I, sitio prehistórico en Casasola, con arte rupestre paleolítica. Igrexa da Asunción, en La Iglesia, construída no século XVII en estilo barroco e reformada a finais do século XIX. Convento de San Xosé, cerca de Pando, pertencente ás Carmelitas Descalzas. É un edificio barroco do século XVIII. Ermida da Nosa Señora dos Remedios, en Liandres, localizada nun outeiro na beiramar. É de finais do século XIX. Casa dos Reis, en Liandres, barroca. Casa e torre de Trasierra.
En varias aldeas do municipio, como Casasola, Concha ou Pando, poden verse interesantes conxuntos de arquitectura popular propia das Asturias de Santillana, caracterizada por casas en ringleira, con balcóns corridos desde un hastial ata outro, con cantería e cachotería.
Natureza dereita|250px|miniatura|Praia de Luaña, entre Cóbreces en Alfoz de Lloredo, e Ruiloba. O arroio da Conchuga, ao fondo, marca o límite; o acantilado que se ve é territorio de Ruiloba. Ruiloba é un municipio costeiro que linda co mar Cantábrico polo norte. Tres puntas destacan na liña costeira: Miradorio, Las Cornejas e Ruiloba. Ao leste de Miradorio atópase a enseada de Fonfría, onde existe unha piscifactoría. Varios regatos percorren Ruiloba, entre eles o chamado de La Conchuga, que delimita o concello polo leste separándoo de Alfoz de Lloredo, e que desemboca na praia de Luaña, compartida por ambos municipios (aínda que pertence na súa maior parte a Alfoz de Lloredo).
Esta situación permite que se practique a pesca a nivel afeccionado, o marisqueo e a recollida de algas.
No sur o terreo elévase un pouco, alcanzando os 303,6 metros no monte Cotalvio.
É zona de prado, con bosques de eucalipto e piñeiro para a súa explotación industrial. En lugares illados albíscanse carballos ou aciñeiras. Hai árbores destacadas na leira «La Castañera» de La Iglesia (unha aciñeira e un teixo) e na leira «La Casa de San Pedro» de Liandres (outra aciñeira).
Festas 2 de xullo, Virxe dos Remedios, en Liandres e La Iglesia. Hai unha procesión desde a ermida da Virxe, cerca de Liandres, até a Igrexa. Realízase a "Danza de las lanzas", a manifestación folclórica máis destacada de Ruiloba. Considérase unha danza moi antiga, con orixe no século XVI. 9 de setembro, Nosa Señora da Caridade. Durante esta festividade, celébrase a festa do "Mozuco" e unha peregrinación até a ermida da Caridade en Udías.
Véxase tamén
Categoría:Concellos de Cantabria