Ramón José Núñez Gamallo, nado en Caracas en 1964, é un economista galego, profesor da Universidade da Coruña, que foi conselleiro do Consello de Contas.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago, accedeu a unha praza de profesor da área de Economía Aplicada na universidade da Coruña. Doutorouse en 2002 cunha tese sobre as relacións comerciais entre España e a Unión Europea como consecuencia do proceso de integración europeo. Os seus temas de pescuda son a industria pesqueira e conserveira galega, o comercio europeo e as institucións económicas da UE.
En 2009 foi nomeado conselleiro do Consello de Contas a proposta do PSdeG, e permaneceu no posto ata 2016.
Notas
Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Consello de Contas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1964