David Rodríguez Sánchez, nado en Talavera de la Reina (Toledo) o 14 de febreiro de 1986, é un futbolista español. Xoga como dianteiro centro no Racing de Ferrol da Segunda división RFEF.

Traxectoria Formouse nas filas do Atlético de Madrid, onde permaneceu ata 2005, ano no que é cedido ao Ciudad de Murcia aínda que, ante a falta de minutos no club murciano, no mercado de inverno ficha pola UD Las Palmas. Para a tempada 2006/07 volve ao filial do Atlético de Madrid, onde acaba como máximo goleador.

Ao finalizar a tempada é fichado polo UD Salamanca, onde realiza unha gran tempada que lle vale un traspaso por 400.000€ ao UD Almería de primeira división, pero antes de debutar nela, é cedido ao Celta de Vigo de segunda división. Tras a campaña no club celeste é repescado polo Almería para formar parte do seu primeiro persoal.

Tras non contar demasiado para os técnicos da UD Almería, o 17 de xullo de 2010 confírmase o seu traspaso ao Real Club Celta de Vigo da Segunda División de España, cun contrato no equipo celeste de catro tempadas.

Selección nacional Era un habitual das categorías inferiores da selección española, e ata finalizou máximo goleador da Eurocopa sub-17 de 2003 con 6 goles, tras un gran partido nas semifinais fronte á selección austríaca onde anotou 4.

Clubs ClubPaísAnosPX (Liga)GolesAtlético Madrid BEspaña2004-200523 5Ciudad de Murcia (Cedido)España20052 0UD Las Palmas (Cedido)España200620 2Atlético Madrid BEspaña2006-200734 13UD SalamancaEspaña2007-200838 14Celta de Vigo (Cedido)Galiza2008-200936 9UD AlmeríaEspaña2009-2010 7 1Celta de VigoGaliza2010-2011 37 17Celta de VigoGaliza2011-2012 28 9Sporting de GijónEspaña2012-2013 37 12

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Talavera de la Reina Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do CF Ciudad de Murcia Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Brighton & Hove Albion FC Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol