Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1998 (xunto con Johan de Cangas e Martín Codax).
Traxectoria
A súa orixe non está clara, o trobador podería proceder probablemente do sur de Galicia, de localidades coma Redondela ou Vigo. Se atendemos ás referencias xeográficas do seu único poema conservado, procedería da ría de Vigo, pois menciona a Illa de San Simón, en Redondela, aínda que os autores non manteñen unha única postura. A súa cantiga de amigo está considerada entre as máis importantes da lírica trobadoresca galego-portuguesa. A súa composición aparece incluída no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B 852) de Lisboa —ou Cancioneiro Colocci-Brancuti— e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V 438).
Obra Só se conserva unha única cantiga del, a cal comeza polo verso "Sediam'eu na ermida de San Simón". Nela, unha moza espera axexante o seu mozo ou amigo, ata acabar morrendo de amor. A cantiga está reproducida a continuación:Sediam'eu na ermida de San Simion, Bibliotheca Augustana. José Joaquim Nunes, Cantigas d'amigo, n. 252, Lisboa 1928.
215px|page=389 225px Cancioneiro da Biblioteca Nacional: B 852 e Cancioneiro da Vaticana: V 438. miniatura|300px|Monumento adicado aos poetas, cantores e trobadores da Ría de Vigo, Martín Codax, Pero Meogo, Mendiño e Paio Gómez Chariño, A fada e o dragón de Xaime Quessada, no Paseo de Afonso XII de Vigo. Sedia-m'eu na ermida de San Simion e cercaron-mi as ondas, que grandes son: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar, cercaron-mi as ondas grandes do mar: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son, non ei (i) barqueiro, nen remador: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar, non ei (i) barqueiro, nen sei remar: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen remador, morrerei fremosa no mar maior: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo!
Non ei (i) barqueiro, nen sei remar, morrerei fremosa no alto mar. eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo!
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, G. V.; , M. P. et al. (2011-), Cantigas medievais galego-portuguesas . Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA.
Outros artigos Xograr Literatura galego-portuguesa Ligazóns externas
Trobadores da ría de Vigo Real Academia Galega. Meendinho na Biblioteca Virtual Galega. Meendinho en Vieiros. O portal da lingua galega Xunta de Galicia. 20px
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público