Tívoli, en latín Tibur, en italiano Tivoli, é unha cidade do Lacio, en Italia, na provincia de Roma. En 2021 tiña 54 939 habitantes. Está na marxe esquerda do río Aniene, no nordeste de Roma.

Historia e características Nestas terras, entre outras materias primas, había unha pedra chamada actualmente travertino, que foi moi usada en Roma; aínda existen restos das antigas canteiras. O Coliseo e a basílica de San Pedro de Roma están feitos con este material.

Foi unha localidade romana coñecida pola súa paisaxe agreste, con bosques intercalados e fervenzas, cun clima máis fresco e limpo que a populosa Roma. Converteuse en lugar de veraneo en tempos do Imperio romano. Alí tiveron vilas moitos personaxes romanos, como o emperador Hadriano e o poeta Quinto Horacio Flaco (65–8 a. C.). As modernas obras hidráulicas de captación de auga variaron sensiblemente a paisaxe do lugar.

Demografía

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial de Tivoli

Categoría:Concellos da provincia de Roma