O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, construíuse entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade.Tomo IX.f. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Abegondo. Xuño de 2012

O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e o Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC). Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza Cesuras. O valor da súa conservación é que ten oito hábitats de interese comunitario e dez especies de interese de protección. O 35 % da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación.Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Dirección técnica da edición por Ricardo García-Borregón Millán, Rogelio Fernández Díaz e Belén Bris Marino. Consellería do Medio Rural e de Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2011.

Encoro A superficie da conca é de 228 km² e a do encoro 363 ha e ten unha capacidade de 22 hm3. Acada unha lonxitude máxima de 2,8 km e unha profundidade máxima de 15 m. A profundidade media non supera os 5,9 metros, habendo amplas zonas de augas superficiais, por riba dos 2 metros. O ancho máximo do encoro é na vertente do río Mero. O maior nivel de enchente acádase a finais de inverno e primavera. Encoro de Abegondo - Cecebre. Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia

Clima A zona, pertencente a rexión eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea e sector Galaico-Portugués, ten un dominio climático oceánico húmido.

Hidroloxía miniatura|Mapa do lugar de importancia comunitaria. En azul, a superficie ocupada polo encoro. Os tramos fluviais abranguen uns 4,9 km do río Barcés e 3,8 km do río Mero.

Hábitats O val do encoro é amplo, tendo nalgúns puntos ata 600 metros de ancho. Destacan pola conservación de masa forestal propia de ribeiras autóctonas.. O bosques de ribeira no Barcés discorren polos lugares da Ribeira de Cañás, Beade, Damil e A Praza. Para este río, a pendente das abas nestas parroquias son de pendente moderada, acusadas nalgúns puntos preto do Barcés. As especies de árbores que ten son ripícolas Especies típicas de zonas de interfase entre o solo, como os dunha ribeira ou monte, e un río ou regato.. Cando o Barcés e o Mero chegan ao encoro, pásase a terreos en chaira, cunha orixe por deposición aluviais, e que son explotados para cultivos agropecuarios .

O hábitats de interese comunitario do ZEC incluídos na Directiva 92/43/CEEDirectiva sobre da conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres adoptada pola Unión Europea en 1992. son : Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae). Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition. Estanques temporais mediterráneos Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri e de Bidention Ríos de pisos basais aos de montaña con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion Pastos con numerosas especies de gramíneas, con Nardus, sobre substratos silíceos de zonas montañosas Prados con xunga, como Molinion caeruleae, en substratos calcarios, turbosos ou arxilo-limosos Megaforbios, ou prados con plantas de grandes follas, eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos de montaña a alpinos Prados pobres de sega de baixa altitude, con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis Queirogais secos europeos Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Flora e fauna miniatura|upright=3.5|centro|Vista panorámica dunha parte do encoro. As principais especies que figuran como de interese e en réxime de protección especial no ZEC lístanse a continuación: Flora Especie Narcissus cyclamineus Sphagnum pylaisii

Fauna Invertebrados EspecieCoenagrion mercuriale Elona quimperiana Geomalacus maculosus Lucanus cervus

Peixes Especie Chondrostoma polylepis

Anfibios Especie Discoglossus galganoi Hyla arboreaRana iberica Triturus boscai

Réptiles EspecieCoronella austriaca Lacerta monticola Lacerta schreiberi Natrix natrix

Aves miniatura miniatura|Gansos. É un hábitat que alberga máis de duascentas especies de aves, pertencentes a tres grandes grupos: aves acuáticas e ribeiregas, aves forestais e aves de campiña Guía das aves do Encoro de Abegondo- Cecebre. 2007.. Especie Accipiter gentilis Acrocephalus paludicola Acrocephalus scirpaceus Alcedo atthis Anas clypeata Anas crecca Anas penelope Anas platyrhynchos Anas querquedula Anas strepera Ardea cinerea Ardea purpurea Aythya ferina Aythya fuligula Chioglossa lusitanica Chlidonias niger Circus aeruginosus Emberiza schoeniclus Falco columbarius Falco peregrinus Falco subbuteo Fulica atra Gallinago gallinago Ixobrychus minutus Milvus migrans Nycticorax nycticorax Pandion haliaetus Phalacrocorax carbo Phalacrocorax carbo sinensis Philomachus pugnax Platalea leucorodia Porzana porzana Tringa glareola Tringa ochropus Vanellus vanellus

Mamíferos Especie Galemys pyrenaicusLutra lutraMustela ermineaMyotis myotisPlecotus auritusRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Lexislación No ano 1991 iniciouse o recoñecemento provisional do encoro e das ribeiras do Mero e Barcés como espazo natural de interese de conservación en Galicia e actualizouse periodicamente. En decembro de 2004 propúxose como lugar de importancia comunitaria (LIC) e foi aceptado na rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

O encoro de Abegondo-Cecebre está incluído ademais dentro da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e das Terras do Mandeo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Augas da Coruña

Ligazóns externas Encoro de Cecebre Estado dos encoros e pantanos de España. Cecebre

Cecebre Encoro Abegondo-Cecebre Categoría:Abegondo Categoría:Betanzos Categoría:Cambre Categoría:Carral Categoría:Oza Cesuras