Seydou Keïta, nado o 16 de xaneiro de 1980 en Bamaco, é un futbolista maliano, e tamén ten nacionalidade francesa. É primo de Mohamed Sissoko, xogador da Juventus FC. Xoga de mediocentro e dende 2016 é xogador do El Jaish SC da Liga qatarí e da Selección de Malí.
Traxectoria Keita estivo 4 tempadas no Racing Club de Lens, da Liga Francesa, na súa última tempada xogou 37 partidos e marcou 11 goles, causando o interese de grandes equipos europeos.
Tras o seu paso polo Racing Club de Lens, na tempada 2007/08 foi fichado polo Sevilla FC onde xogou 31 partidos de Liga anotando 4 goles, tamén xogou 9 partidos de Champions nos que anotou 3 goles, e proclamouse campión da Supercopa de España 2007.
O 26 de maio de 2008, o FC Barcelona fixo efectiva súa cláusula de 14 millóns de euros e foi fichado polo conxunto catalán, converténdose así na primeira fichaxe de era Guardiola. No club azulgrana portou o dorsal número 15, anteriormente usado polo brasileiro Edmílson. Foi o primeiro xogador de Malí en militar no equipo azulgrana.
O 25 de outubro de 2009 conseguiu o seu primeiro hat-trick na vitoria do FC Barcelona por 6-1 ante o Real Zaragoza, no que foi a súa mellor actuación coa elástica blaugrana.
Keita é o unico xogador de Malí que conseguiu tres títulos nunha soa tempada (copa, liga e Liga de Campións).
Selección nacional Seydou Keita é internacional absoluto con Malí desde o ano 2003. Con "As Aguias" participou, entre outros, na Copa África de 2008, quedando eliminados na primeira rolda.
Pero a súa traxectoria na selección comezou de moi nova e con bos resultados. De feito, Keita gañou o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial sub-20 que se xogou o ano 1999 en Nixeria por diante de xogadores como Xavi ou Ronaldinho. Malí acabou na terceira posición nunha competición que gañou a selección española, na que xogaba Xavi Hernández.
Foi internacional en 88 ocasións coa Selección de fútbol de Malí e marcou 24 goles.
Clubs
ClubPaísAnoPXGolesOlympique de Marsella Francia1997-200060FC Lorient Francia2000-2002581RC Lens Francia2002-200715719Sevilla FC España2007-2008314FC Barcelona España2008-201211916Dalian Aerbin China2012-20133710Valencia CF España2014-00
Palmarés
Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa de FranciaFC LorientFrancia2002Supercopa de EspañaSevilla FCEspaña2007Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010
Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa Intertoto da UEFARC LensFrancia2005Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaEspaña2009Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2009
Distincións individuais
DistinciónAnoBalón de ouro no Mundial sub-201999
Véxase tamén Ligazóns externas FIFA.com - Seydou Keita Ficha de Keita no sitio web do FC Barcelona
Categoría:Futbolistas de Malí Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Malí Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores do FC Lorient Categoría:Xogadores do RC Lens Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Nados en Bamaco Categoría:Nados en 1980 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA