O home invisible é unha serie de televisión en seis capítulos baseado na novela homónima de H. G. Wells, protagonizada por Pip Donaghy e emitida pola BBC no Reino Unido entre setembro e outubro de 1984.

Desenvolvemento Emitiuse como parte do espazo BBC 1 Classic Serial, onde se programaron numerosas adaptacións á televisión de varias novelas clásicas, pero a diferenza do resto das outras series dese espazo non se emitiu os domingos polas tardes, senón no serán dos xoves por considerarse terrorífico demais para os domingos. No Reino Unido non tivo moito éxito, con 7.4 millóns de espectadores no primeiro capítulo, un número baixo para a época. Pero a serie si tivo éxito no exterior, especialmente na Unión Soviética. En Galicia emitiuna a TVG en 1986. En 2005 a BBC editou un DVD coa serie. Argumento Unha das adaptacións máis fieis do libro orixinal, a serie segue o mesmo argumento que o libro orixinal, un científico descobre unha fórmula para facerse invisible, pero vai polo mal camiño pola súa incapacidade de reverter a fórmula e acaba utilizando a súa invisibilidade para aterrar a aqueles que están ao seu redor. Véxase tamén Ligazóns externas A serie en G25

Categoría:BBC