Xesús Rodríguez Carballido, nado o 4 de novembro de 1961 en Ponteareas é un ex-ciclista profesional galego.

Traxectoria Comezou a súa carreira como afeccionado en Ponteareas no Cesantesa Riego Lomba, xunto con Álvaro Pino e posteriormente no Club Ciclista Spol, ata que en 1985 ficha polo CLAS, aínda como afeccionado. Debuta como profesional no Zahor en 1986Zahor Chocolates, Sitiodelciclismo.net., co que consegue ese ano o 4º posto no Gran Premio Cuprosán, e co que ao seguinte participa por primeira vez na Vuelta a España, onde remata no posto 77º. Tamén nese mesmo 1987 participa na Vuelta a los Valles Mineros, onde queda 4º, na Vuelta a Aragón e na Vuelta a AsturiasPromocional do CLAS , Web de Bicicletas Oliveira..

En 1988 ficha polo CLAS, a partir de 1989 chamado CLAS-Cajastur, e onde se retiraría como profesional en 1990. Nese ano 1990 participa no Giro de Italia, que finalizouMemorias en rosa, Faro de Vigo, 3/5/2009..

Vida persoal Ao remta da súa traxectoria profesional montou unha tenda de bicicletas en Ponteareas.

Notas

Rodriguez Carballido Rodriguez Carballido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes