Xesús Calviño de Castro, nado en Abegondo o 29 de xaneiro de 1893 e finado en Buenos Aires o 3 de xuño de 1972, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo dunha familia acomodada, os seus pais Pedro Calviño e María de Castro eran mestres. De neno viviu uns anos nas Torres de San Tirso (Pazo de Quiroga), pois o seu pai era o apoderado da familia. Emigrado á Arxentina en 1911 para evitar o servizo militar, integrouse na comunidade da diáspora galega, colaborou en El Despertar Gallego, Galicia, Lugo, Acción Gallega, Ecos de Galicia, Crítica, Nova Galicia, Correo de Galicia, Alborada e A Nosa Terra e dirixiu xornais dirixidos aos galegos e galegas da emigración. Tamén traballou como xornalista de radio na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Está soterrado no cemiterio Flores do Gran Buenos Aires.
Obra En castelán Hojas dispersas, 1943. Bordón Peregrino, ilustrado polo pintor arxentino Pablo Fabisch, 1947.
En galego
En 1999 editáronse de forma póstuma as obras en galego de Calviño de Castro:
Forza segreda (teatro). Poemas inéditos e dispersos.
Vida persoal
Casou con Ercilia Quiroga Salinas na Arxentina o 14 de xullo de 1953, e quedou viúvo en 1960.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Abegondo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1972