Xuan Bello Fernán, nado en Paniceiros (Tinéu) en 1965 e finado en Oviedo o 29 de xullo de 2025 a causa dun aneurisma, foi un escritor asturiano.
Foi traducido ao galego e el traduciu a Cunqueiro e Castelao. En 2023 participou no ciclo Rosalía en Camiño. Traxectoria
Nado en Tinéu, trasladouse a Tudela Veguín e despois a Oviedo, onde se formou na Facultade de Filoloxía e na tertulia Oliver, dirixida por José Luís García Martín e na que coincidiu con Antón García, Víctor Botas, José Luis Piquero ou Berta Piñán.
Foi un dos autores máis destacados da literatura en lingua asturiana contemporánea, grazas ás súas traducións, especialmente de autores portugueses, ou ás súas colaboracións en revistas como Clarín, Adréi e Zimbru, sendo cofundador das dúas últimas con Berta Piñán e Esther Prieto respectivamente. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura Asturiana.
Foi sempre un firme defensor da lingua asturiana e traballou sempre pola súa oficialidade.
Hestoria Universal de Paniceiros, de 2002, é unha colección de pequenos textos, íntima, poética e reflexiva, entre a memoria e a fabulación fantástica, a partir da súa pequena aldea entre montañas e da súa lingua foi quen de conectar co universal.
Obra miniatura|dereita|Xuan Bello en Loiola (Azpeitia), 2012 Poesía Nel cuartu mariellu (1982). Llibru de les cenices (1988) Los nomes de la tierra (1991). Traducida ao galego en 2010 por Esperanza Mariño como Os nomes da terra. El llibru vieyu (1994) Los caminos secretos (1996) La vida perdida (1999). Antoloxía bilingüe da súa poesía. El llibru nuevu (2017) . Editorial Saltadera. Les islles inciertes (2020). Ediciones Trabe.
Ensaio Como facer L’Habana ensin salir d’Asturies (1998) Ríu arriba (1998). La bola infinita (2000).
Narrativa Pantasmes mundos, laberintos (1996). Historia apócrifa da literatura asturiana. La memoria del mundu (1998). Hestoria universal de Paniceiros (2002. Traducida ao galego en 2008, por Esperanza Mariño) como Historia universal de Paniceiros. O mundo da súa aldea. Foi Premio Ramón Gómez de la Serna. Los cuarteles de la memoria (2003). Meditaciones nel desiertu (2003). Mestura de diario e ficción. La cueva del olvidu (2006). La nieve y otros complementos circunstanciales (2007). Al dios del llugar (2007). La Hestoria Tapecida (2008). Historias varias.
Infantil El nuberu ye bona xente (2003).
Traducións José Luis Olaizola : Bibiana y el so mundu (1989). Álvaro de Campos (heterónimo de Fernando Pessoa): Estancu y otros poemes (1989). Robert Louis Stevenson : El casu raru del dr. Jeckyll y mr. Hyde (1995). Arthur Conan Doyle: Tres aventures de Sherlock Holmes (1995). Álvaro Cunqueiro: Escuela de melecineros y fábula de varia xente (1997). Jaume Cela: Silenciu nel corazón. Sieglu XX cambalache (versiones de Kipling, Pound, Ungaretti, Auden, Ferrater, Elitis, de Sena, Pavese...) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Coses (2000) Jordi Sierra i Fabra: Nun llugar que llamen guerra (2002)
Outros
Alfaya (Berta Piñán 1989). Material didáctico L’alborá de los malvises (1999). Edición Crítica da obra de Constantino Cabal. El sentimientu de la tierra (1999). Antoloxía da literatura asturiana contemporánea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas En Asturias se está dejando morir conscientemente una lengua, entrevista co escritor. Ficha do escritor Clave de fondo, programa semanal de entrevistas da TPA presentado por Xuan Bello.
Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Nados en Tinéu Categoría:Nados en 1965 Categoría:Tradutores ao asturiano Categoría:Tradutores do asturiano Categoría:Tradutores do galego Categoría:Presentadores de televisión de Asturias Categoría:Membros de número da Academia de la Llingua Asturiana Categoría:Finados en 2025