Pinoy Idol foi un concurso musical interactivo de Filipinas creado e desenvolvido por FremantleMedia e 19 Entertainment que emimtiu GMA Network en 2008 baseado no Pop Idol británico.
Desenvolvemento O programa buscaba descubrir ao mellor cantante no país a través dunha serie de audicións e actuacións en directo por todo o país e que se debía determinar por voto do público a través de SMS, non foi o primeiro programa filipino da franquía Pop Idol, no ano 2006 a Associated Broadcasting Company xa emitira Philippine Idol, malia iso GMA promoveu o programa como a primeira competición Idol de Filipinas e non recoñeceu á súa gañadora, Mau Marcelo como a primeira Idol filipino.. O Pinoy Idol tiña como presentador a Raymond Gutierrez, con Ogie Alcasid, Jolina Magdangal e Wyngard Tracy como xuíces. Gretchen Espina gañou a outros dous contendentes na final, converténdose na primeira gañadora do Pinoy Idol.
Notas
Categoría:Programas de televisión Categoría:Series de televisión de Filipinas Categoría:Series de televisión en lingua tagala