María Montserrat Prado Cores, nada en Cambados o 9 de xaneiro de 1965, é unha política galega do BNG, sendo na actualidade secretaria de organización e membro da executiva nacional de dita formación.

Traxectoria É diplomada en Maxisterio e licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Traballaba como celadora do Sergas até a súa dedicación exclusiva á política.

Estivo desde nova vencellada ao movemento veciñal e cultural. Foi membro da executiva da Asociación de Veciños de Oubiña entre 1984 e 2006, presidiu a Asociación Cultural Sete Pías e participou na fundación da Asociación Cultural Xironsa.

Formou parte da primeira dirección nacional de Galiza Nova. Foi concelleira de Cambados entre 1991 e 2005. Tralas eleccións autonómicas de 2005 foi nomeada delegada da Consellería de Innovación e Industria na provincia de Pontevedra. Tralas eleccións autonómicas de 2009 foi nomeada membro do consello de administración da CRTVG. Forma parte do Consello Comarcal do Salnés do BNG. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012

Colabora coa publicación Terra e Tempo.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1965 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia