Para o equipo de Cáceres que xogou na Liga ACB até 2003, véxase Cáceres CB. O Cáceres Ciudad del Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Cáceres Patrimonio de la Humanidad é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Cáceres, Estremadura, que xoga na Segunda FEB.

Historia O Cáceres Ciudad del Baloncesto foi fundado no ano 2007 como consecuencia da fusión dos clubs San Antonio e Cidade de Cáceres, que se converteu desde os seus inicios nun dos máximos representantes do deporte estremeño a nivel nacional, especialmente no que ao mundo do baloncesto refírese, recollendo a testemuña do desaparecido Cáceres CB.

Actualmente coñecido como Cáceres 2016 Basket por motivos de patrocinio, participa desde a tempada 2008-09 na liga LEB Ouro, á que accedeu tras mercar en xullo de 2008 dos dereitos federativos do CB Alcúdia.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Caceres Categoría:Deporte en Cáceres