O Premio Cultura Galega das Letras é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas "con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa"Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010..
Historia e características Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas, que na segunda sesión de deliberación foron: Roberto Varela, en calidade de conselleiro, e como vogais Francisco López, Ramón Villares, José María Barja, Javier Garbayo e Mercedes Goicoa. Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron o secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva; o crítico de arte Antón Castro Fernández, a arquitecta Isabel Aguirre Urcola e mais o compositor Juan Vara García.Os Premios da Cultura Galega 2010 xa teñen gañadores , nova en Xornal de Galicia o 16 de novembro de 2010.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior premio, concedido a Xosé Luís Méndez Ferrín, este non ten dotación económica. Tamén a diferenza de edicións pasadas, a RAG desta vez renunciou a ter un representante no xurado.
Premiados 300px|miniatura|Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018. 2010 - Agustín Fernández Paz (renunciou ao galardón)A renuncia ao galardón respondeu aos mesmos motivos que esgrimira a plataforma ProLingua nun comunicado de prensa do 8 de outubro: "Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura".. 2011 - Arcadio López Casanova. 2012 - Salvador García-Bodaño. 2013 - Luz Pozo Garza. 2014 - Xosé Neira VilasPremios da Cultura Galega 2014. 2015 - Fina Casalderrey. 2016 - María Xosé Queizán 2017 - Xohana Torres 2018 - Xosé María Álvarez Cáccamo 2019 - Xesús Alonso Montero 2020 - Ledicia Costas 2021 - Bernardino Graña 2022 - Marica Campo 2023 - Yolanda CastañoOs Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas! 2024 - Manuel Lourenzo 2025 - Editorial Galaxia Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gañadores en 2010 nas distintas categorías.
Letras Cultura Galega das Letras