Liu Xiaobo (en chinés tradicional: 劉曉波; en chinés simplificado: 刘晓波; en pinyin: Liú Xiǎobō), nado en Changchun (Jilin) o 28 de decembro de 1955 e finado o 13 de xullo de 2017 en Shenyang (Lianoning), foi un intelectual e activista a prol dos Dereitos Humanos e as reformas na República Popular da China.
Traxectoria É presidente do Centro Independente Chinés PEN desde 2003. O 8 de decembro de 2008, foi detido en resposta á súa participación na firma da Carta 08, sendo formalmente arrestado o 23 de xuño de 2009 baixo sospeita de "incitar a subversión contra o poder do Estado". Foi procesado cos mesmos cargos o 23 de decembro de 2009, e condenado a 11 anos de cárcere o 25 de decembro.
O 8 de outubro de 2010 foi galardoado co Premio Nobel da Paz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial do Centro Independiente Chinés PEN Free Liu Xiaobo now!
Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en Jilin Categoría:Nados en 1955 Categoría:Activistas da China Categoría:Alumnos da Universidade de Jilin Categoría:Alumnos da Universidade Normal de Pequín Categoría:Finados en 2017 Categoría:Premios Nobel da China