miniatura|dereita|Carme Adán na presentación do libro O soño de Xoán de Farruco Graña na libraría Paz de Pontevedra Carme Adán Villamarín, nada en Donostia (Guipúscoa) o 16 de decembro de 1966, é unha política, intelectual e profesora galega.

Traxectoria A súa familia é orixinaria de Lalín. Ao regresar da emigración en Guipúscoa, foi vivir a Vigo. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1990 comezou a impartir aulas de enducación secundaria, tendo actualmente o seu destino no IES Politécnico de Vigo. En 2002 doutorouse na mesma universidade coa tese Epistemoloxía, natureza e xénero, baixo a dirección de María Xosé Agra.

Amais, escribiu ducias de artigos. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía entre 1999 e 2005. Nese ano pasou a formar parte da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega.

Foi elixida parlamentaria galega nas eleccións de 2005, tras presentarse nas listas do Bloque Nacionalista Galego como número 1 da provincia de Pontevedra. Posteriormente, foi nomeada Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

É membro da plataforma cívica ProLingua.

Libros publicados Ensaio miniatura|Presentación de Feminicidio na Casa das Campás o 31/01/2018. Con Malores Villanueva e Luís Bará. Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao ciborg, 2003, Espiral Maior. Cartografías do derrubo, 2011, Difusora. Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión (2018). Ed. Galaxia. 188 páxs. ISBN 978-84-9151-257-8."Editorial Galaxia crea unha colección de perspectivas feministas" (15/11/2018) culturagalega.gal CCG. Recoñecemetos

2026: Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas CV de Adán, na UVigo.

Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en Donostia Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Personalidades da filosofía feminista