Xosé Luís Laredo Verdejo, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1931 e finado en Salamanca o 31 de agosto de 2016, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria Estudou Filosofía e Teoloxía, Humanidades e Pedagoxía na Universidade de Comillas. Foi o autor de folletos turísticos e libros descritivos de xeografía, historia e rotas turísticas, entre os que sobresaen os 12 volumes de Galicia enteira
Obra en galego Ensaio Os nosos devanceiros, 1976, edición do autor. Galicia enteira, 1980-1987 (12 volumes), Xerais. Guía de Galicia (do A ao Z), 1991. O Camiño de Santiago por Galicia, 1993, Edicións do Cumio. Guía de Lousame, 1993, edición do autor. Paseando por Santiago, 1993, Edicións do Cumio. A Coruña: a provincia, cidades e vilas principais, itinerarios turísticos, 1995, Edicións do Cumio. Pontevedra: a provincia, cidades e vilas principais, itinerarios turísticos, 1995, Edicións do Cumio. Lugo: a provincia, cidades e vilas principais, itinerarios turísticos, 1996, Edicións do Cumio. Paseando por A Coruña, 1997, Edicións do Cumio. Paseando por Lugo, 1997, Edicións do Cumio. Vigo, ponto de encontro, 1997, Xerais.
Literatura infanto-xuvenil O trevo de catro follas, 1991, Edicións do Cumio. O rapto de Estefanía, 1994, Edicións do Cumio.
Obra en castelán Obras colectivas Guía de las rutas de Galicia, 1991, Caixa Galicia. Con José Luis Díaz.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do autor en Edicións do Cumio
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes