O río Toxa é un afluente do río Deza. Transcorre de sur a norte. Nace na fronteira dos concellos de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e descorre pola parroquia silledense de Graba entre outras moitas.
Curso Durante os primeiros quilómetros o río discorre encaixado entre altos montes que superan en moitas veces os 700 msnm polo leste e os 600 msnm, na parte occidental, para axiña baixar ás terras chás das parroquias Fiestras, Rellas ou Chapa entre outros lugares. Por estas terras o río discorre manso para logo salvar o desnivel das fervenza do Toxa en Pazos, de gran beleza e valor paisaxístico, e morrer metros abaixo no leito do río Deza. Neste río é posible a pesca deportiva sobre todo de troitas. O río dá lugar a un val denominado val do Toxa.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Fervenza do Toxa
Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra Categoría:Río Deza Categoría:Silleda