O fungo dos lameirosFraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos de Cristovo Ruíz Leivas e Juan-A. Eiroa García-Garabal, cogomelo dos lameiros ou champiñón silvestreNome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega, de nome científico Agaricus campestris (L.) Fr., é unha especie da familia dos Agaricaceae.
Nomes populares En galego tamén é coñecido coma fungo pequeno das febrasXunto con fungo dos lameiros son a recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Castelán: champiñón de prado Catalán: Xampinyó silvestre ou camperol Vasco: barren-gorri
Descrición Sombreiro: de 6 a 10 cm de diámetro. Hemisférico, convexo e logo aplanado. Cutícula sedosa, fibrilosa de cor branca, doadamente separable. Pé: curto, groso e cilíndrico, algo engrosado na base. Liso de cor branca, con anel simple membranoso e branco. Himenóforo: láminas libres, apertadas, de cor rosa vivo, logo chocolate e ó final denegridas. Veos: con anel Carne: firme, compacta, grosa, branca que se colorea debilmente ó corte. De sabor doce e cheiro agradable. Esporada: marrón escuro Hábitat e época de aparición: de primavera a outono en prados e pasteiros. Comestibilidade: É comestible
Notas
Véxase tamén
Outrso artigos Agaricus (xénero)
Categoría:Basidiomicetos Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1753 Categoría:Agaricus Categoría:Fungos comestibles