Noticiero de Vigo foi un xornal editado en Vigo entre 1903 e 1915.
Características miniatura|esquerda|Gumersindo Busto cos directores de Noticiero de Vigo e La Voz de Vigo en 1909. Apareceu a principios de xaneiro de 1903, logo de que Jaime Solá mercara o periódico El Independiente para sacar a rúa un novo diario co nome de Noticiero de Vigo, subtitulado Diario Independiente da la Mañana. O xornal era propiedade de Jaime Solá, que foi o director, ata 1911, cando vendeu a un grupo católico a metade da publicación. O seu novo redactor xefe foi Eusebio Zuloaga de la Prida. Foi suspendido gobernativamente en setembro de 1911 e para substituílo apareceu o xornal Vigo. En 1913, cando contaba cunha tiraxe de 4 000 exemplares, cambiou o subtítulo polo de Diario Mercantil Independiente. Despois tivo como director a Emilio SíasGaceta de Galicia, 9-9-1915, p. 2.. Entre os seus redactores figuraron Emilio Rodal, Blas Agra Mancebo e Joaquín Míguez Barcia. Noticiero de Vigo desapareceu en 1915.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1903 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos