Xosé María López Rancaño, nado na Pontenova en 1951, é un empresario e político galego, alcalde de Abadín dende 1983.
Traxectoria Candidato por Alianza Popular en 1983, Xosé María López Rancaño conseguiu durante sete lexislaturas revalidar maiorías absolutas sen mudar de formación: en 1987 fíxoo pola Coalición Popular e a partir de 1991 polo Partido Popular de Galicia. En 1995 conseguiu o 83% dos sufraxios.
Vida persoal Está casado e ten unha filla.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abadín
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Abadín Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes