Del Roig al blau. La transició valenciana (Do vermello ao azul. A transición valenciana) de 2004 é un documental sobre a transición española no País Valenciano entre os anos 1975 e 1982, desde a morte de Francisco Franco ata a aprobación do Estatuto de Autonomía.

Historia e características Nel relátanse as grandes manifestacións, as primeiras eleccións, e a que se chamará a Batalla de Valencia, a partir de entrevistas a algúns dos actores políticos e sociais que máis interviron naquel momento.

O documental nace como iniciativa dun proxecto presentado por Albert Montón á edición 2001-2002 do Master de Producció i Edició de Continguts Audiovisuals do Taller d'Audiovisuals da Universidade de Valencia. A idea espertou o interese e o documentalista Llorenç Soler asumiu a súa dirección e Miquel Francés a produción.

O nome do documental cóllese dun libro de Alfons Cucó, quen viviu en primeira persoa moitos daqueles acontecementos, que posteriormente analizou e documentou.

Entrevistados Periodistas Juan José Pérez Benlloch María Consuelo Reyna Rosa Solbes Creadores Joan Genovés Manuel Molins Músicos Lluís Miquel Vicent Torrent Políticos Ricard Pérez Casado Héctor Villalba Xavier Marí Vicent Soler Josep Guia Vicent Alvarez Eliseu Climent Javier Aguirre de la Hoz Pasqual Martín Villalba Ignacio Carrau Pere Mayor Manuel Girona Miquel Ramón Izquierdo Francesc de Paula Burguera María Dolores García Broch

Premios Premio do público á mellor película valenciana na VII Edición dos Premios Tirant.

Véxase tamén Outros artigos Blaverismo Euskal Pilota

Ligazóns externas Ficha do documental, con ligazón para ver o documental en Internet. Entrevista a Miquel Francés. Entrevista a Albert Montón. Noticia sobre o documental.

Categoría:Documentais