Epifanio Campo Fernández, nado na Ponte de Domingos Flórez en 1952 e finado o 18 de agosto de 2016 en Vilalonga, foi un empresario galego.
Traxectoria Fillo máis vello do tamén empresario Epifanio Campo Núñez, en 1975 fíxose cargo do conglomerado de empresas cerámicas e mineiras que creara e impulsara o seu pai. A orixe desta actividade económica sitúase na extracción de arxila en Vilalonga, mais as empresas de Campo esténdense por toda Galicia, e entre elas destaca a Nueva Cerámica Campo, de Sanxenxo, Campo Brick en Albixoi e Epifanio Campo en Lendo, todas elas de produción cerámica, mais tamén outras firmas de pretensados e bloques de formigón, inmobiliarias, piscifactoría ou viñoSERANTES, R. Os irmaos do ‘político’ participam na engrenagem empresarial, Novas da Galiza, 48, 15 de novembro de 2006..
Accionista minoritario de Banco Pastor, foi porén un dos accionistas principais de Banco Gallego, cun capital do 10%Caixanova non logra calar as novas sobre a venta do Banco Gallego, Galicia Confidencial, 21/10/2010 e participou tamén no capital de SOGARISA. Mercou en 2007 o 5,5% da sociedade Corporación Caixa Galicia, ata daquela propiedade exclusiva de Caixa Galicia. Tamén foi socio do empresario Manuel Añón en diversos proxectos, entre eles tres empresas de siderurxia e fundición (Siderúrgica Añón, Hierros Añón Comercia e Acérie de l’Atlantique), que en 2007 lle venderon á siderúrxica catalá Celsa. En 2006 entrou no capital da sociedade Gaelsa, controlada por Manuel Jove e dedicada á explotación de enerxías renovables, da que se retirou a comezos de 2010.
En total, en 2009 tería entre 550 e 600 millóns de euros en capitalOtras fortunas 2009, El Mundo, 6/12/2009..
Vida persoal Era irmán de Antonio Campo Fernández, quen fora alcalde de Ortigueira entre 1999 e 2007 e do tamén empresario Demetrio Campo Fernández.
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados na Ponte de Domingos Flórez Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes