Rafael de la Hoz Arderius nado o 9 de outubro de 1924 en Madrid e finado na mesma cidade o 13 de xuño do 2000 foi un arquitecto español, director do estudio Rafael de la Hoz, Arquitectos, actualmente dirixido polo seu fillo Rafael de La-Hoz Castanys.

Traxectoria miniatura|200px|dereita|Edificio Castelar en Madrid. Fillo do tamén arquitecto Rafael de la Hoz Saldaña e Enriqueta de Arderius Varela de Seijas, pasou parte da súa vida en Córdoba. En 1951 obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Estudou no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) de Estados Unidos, 1955.

Realizou un importante papel en tarefas de carácter institucional, entre as que destacan a creación e pulo das Normas Tecnológicas de la Edificación en 1971. Tamén foi presidente da Unión Internacional de Arquitectos entre 1981 e 1985. Nomeado Académico de Belas Artes en 1990.

Obras destacadas 1953-1957 Colegio Mayor Universitario Santo Tomás de Aquino en Madrid (xunto a José María García de Paredes). 1973-1980 Facultade de Medicina en Córdoba. 1975 Edificio Castelar en Madrid. 1991 Castellana 110 en Madrid. 1990 Real Madrid Arena en Madrid.

Premios 1956 Premio Nacional de Arquitectura de España polo Colegio Mayor Universitario Santo Tomás de Aquino. 1995 Premio Antonio Camuñas de Arquitectura. 2000 Medalla de Ouro da Arquitectura.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e obras en soloarquitectura.com.

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Madrid Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil