David (Dave) Catching, nado en Memphis (Tennessee) o 7 de xuño de 1961, é un músico estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo coas bandas Queens of the Stone Age e Eagles of Death Metal.
Traxectoria Catching tocou a guitarra nas bandas de hard rock Eagles of Death Metal, Queens of the Stone Age, Tex and the Horseheads, The Ringling Sisters, earthlings? e Mondo Generator. Tamén é membro de Yellow#5 e The Gnarltones e aparece regularmente nos discos de The Desert Sessions. Toca a guitarra coa banda Masters of Reality e gravou guitarras e órganos nos dous álbums da Mark Lanegan Band. A principios dos 80 estivo nunha banda chamada Cock Rock.
Recentemente estivo asociado coa banda de country desert rock Smith & Pyle, gravanco para o seu primeiro álbum It's OK to be Happy, editado no ano 2008. Tamén é un dos donos e fundador do estudio The Rancho De La Luna, situado en Joshua Tree (California).
Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Pianistas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Tennessee Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Memphis, Tennessee