Jonathan Rodney Brockman, nado o 20 de marzo de 1987 en Snohomish, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria Universidade Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fico medias de 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido.Ficha de Brockman en TDR No seu debut conseguiu un dobre-dobre ante Morgan State, con 17 puntos e 10 rebotes. Esa tempada acabou con 215 rebotes, a segunda mellor marca dun novato na historia da universidade.

Ao ano seguinte foi incluído por primeira vez no mellor quinteto da Pacific Ten Conference, tras liderar á conferencia en rebotes, con 9,6 por partido. Logrou 15 dobres-dobres ao longo da tempada, destacando o conseguido ante Utah no segundo partido do ano, con 31 puntos e 18 rebotes.

Tras ser o xogador que máis dobres-dobres fixo en toda a súa conferencia na súa terceira tempada, o último ano logrou de novo ser incluído no mellor quinteto da Pac-10, acabando a súa carreira de universitario como o único huskie da historia en lograr máis de 1800 puntos e máis de 1200 rebotes.

Profesional Foi elixido na trixésimo oitava posición do Draft da NBA de 2009 por Portland Trail Blazers,2009 NBA Draft sendo traspasado inmediatamente a Sacramento Kings xunto con Sergio Rodríguez a cambio dos dereitos do draft sobre a elección 31, Jeff Pendergraph,Kings-Blazers Trade e en setembro de 2009 asinou contrato cos Kings. O 21 de xullo de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks por Darnell Jackson e unha segunda rolda do draft de 2011.

O 27 de xuño de 2012, Brockman, Jon Leuer, Shaun Livingston e unha elección do Draft foron traspasados ós Houston Rockets a cambio de Samuel Dalembert e varias eleccións do Draft.Rockets Receive 12th Overall Pick Via Trade With Bucks. NBA.com. 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Jon Brockman

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do CSP Limoges Categoría:Xogadores do Élan Chalon