Gillian Leigh Anderson, nada o 9 de agosto de 1968 en Chicago, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria Anderson comezou a súa carreira profesional no teatro pero foi na televisión onde acadou recoñecemento internacional polo seu papel da axente especial do FBI Dana Scully na serie de televisión The X-Files, durante as nove tempadas da serie gañou un premio Emmy, un Globo de Ouro, e un Screen Actors Guild. Os seus traballo cinematográficos inclúen The House of Mirth (2000), The Mighty Celt (2005), The Last King of Scotland (2006), e dous filmes X-Files, The X-Files (1998) e The X-Files: I Want to Believe (2008). Estivo nomeada aos BAFTA, Emmy e Globo de Ouro polo papel de Lady Dedlock na adaptación televisiva da BBC Bleak House (2005).

Véxase tamén

Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1968 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa